Hoxe venres as 8 da tarde na libreria Ozoco presentación do libro “Unha noite no tren da vía láctea” de Kenji Miyazawa

Queremos convidarte para este venres, 6 de agosto, ás 20:00 horas á presentación do libro “UNHA NOITE NO TREN DA VÍA LÁCTEA”, do xaponés Kenji Miyazawa.UNHA NOITE NO TREN DA VÍA LÁCTEA é unha publicación de AiraEditorial coidadísima que conta con fermosas imaxes do ilustrador Miguel Robledo, sendo traducido ao galego polo carballiñés Gabriel Álvarez Martínez.Este libro ficou finalista na categoría de tradución na Gala dos Premios Follas Novas do Libro Galego 2021. Ven o venres 6 até a nosa tenda*, non ficarás decepcionad@!Será no exterior da tenda*, na rúa Curros Enríquez, 29, nun espazo seguro no que manteremos as distancias e, por suposto, a ventilación está asegurada.Agardámoste!(*) En caso de mal tempo farase na Parrillada San Andrés (a uns 30 metros da tenda) con todas as medidas de seguridade necesarias contra da Covid.