Paco Fumega valora positivamente a reunión cos portavoces

O ALCALDE DO CARBALLIÑO FRANCISCO FUMEGA VALORA POSITIVAMENTE A REUNIÓN DE ONTE COS PORTAVOCES DA OPOSICIÓN PARA POÑER EN COMÚN AS PROPOSTAS ECONÓMICAS PARA PALIAR A CRISE DO COVID-19

Segundo informa Francisco Fumega, o plan de medidas está moi preto de estar definido pero ainda non pechado, xa está consensuado prácticamente co PP, o consenso co BNG tamén está moi avanzado e con Espazo Común quedou pendente de que lle trasladaran as súas novas propostas para adaptalas a este novo marco. A intención do concello é chegar ao máximo consenso posible con tódolos partidos.

AVANTAR ACTIVIDADES

O alcalde Francisco Fumega agradece todas as ideas que aportaron cada un dos partidos e continúan traballando nelas por se é necesario reformar as medidas xa anunciadas polo alcalde o unhas futuras que se fagan. Afirma Fumega, que cantas mais ideas mellor para facer a saída da crise mais doada e rápida

O alcalde tamén informou hoxe que desexa volver a reunirse para pechar un acordo unánime de toda a corporación cun documento integrador das medidas mais efectivas para paliar a situación creada pola pandemia.

VIDEO