O Carballiño, 29 de novembro de 2026
Toño Cerdeira, candidato do Partido Popular ao Senado e veciño do Carballiño, exerceu o seu dereito a voto a primeira hora desta mañá, nunha xornada electoral que cualificou de histórica. Tras depositar o seu voto, dirixiuse aos medios e aos veciños coas seguintes palabras:
“Moi bo día a todos, carballiñeses, carballiñesas. Estamos aquí hoxe, domingo 29 de novembro, para participar nunha xornada histórica para este país. A cabo de exercer o meu dereito a voto, como todos vedes. Anímovos a participar activamente na festa da democracia. É un dereito de tódolos cidadáns exercer o seu dereito a voto e estou seguro de que hoxe vai ser unha xornada de participación, coma sempre en toda a comarca do Carballiño, moi elevada. Animarvos a participar. Moitas grazas.”
Coa súa intervención, o candidato popular animou á cidadanía a acudir ás urnas ao longo da xornada e subliñou a tradición de participación elevada na comarca do Carballiño.















