O carballiñés Isidro Vidal dará formación musical en Asturias

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Isidro Vidal anunciaba hoxe a través das súas redes sociais que se atopa emocionado polo novo reto profesional que se abre camino neste ano tan atípico.  

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Este curso súmase ao claustro de profesores da Escola de Música Tradicional LaKadarma (Piloña/Asturies), como profesor de gaita galega. As aulas serán de carácter online e a ensinanza será individual e personalizada, para atender mellor as necesidades de cada alumno.

A este proxecto tamén se suma o de carácter docente que ten en marcha en Portugal, no que contaron con el para elaborar dende cero un programa de formación musical do que agora carece a ensinanza lusa.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------