O Festival Galaico Portugués chega este sábado á 40ª edición no Carballiño

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O concello do Carballiño acolleu esta mañá a presentación do 40º Festival de Música Galaico Portugués, que organiza a Coral Polifónica do Casino. O evento terá lugar este próximo sábado, no Auditorio Manuel María ás 20:00 horas.

O concelleiro de cultura, Diego Fernández, puxo en valor o traballo feito pola agrupación carballiñesa e o orgullo que supón levar a súa música e o nome do Carballiño.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Antonio Barge, secretario da Coral, destacou a presenza este sábado da Coral Aures Cantibus de Zamora, a Coral Polifónica de Chantada e Coro da Ordem dos Médicos de Oporto, que ademais coñecerán a vila e a súa gastronomía. Tamén actuará a Coral do Casino, o coro organizador. O director, Jaime Pichel, falou tamén das corais participantes.

En nome de todo o grupo, a vicepresidenta Pilar Caballero convidou a todos a desfrutar da música, nun evento de entrada libre. Para a Coral do Casino este festival é algo senlleiro, non que non so intercambian música, se non tamén culturas.