A convocatoria na Praza do Concello quedou reducida a un grupo moi reducido de persoas, moi afastado
da participación que cabería esperar, mentres a gran maioría da veciñanza lle deu as costas.
Os socialistas rexistraron unha solicitude formal para coñecer o custe económico total, as facturas e a
autoridade que ordenou empregar os escudos e a imaxe corporativa do Concello.
A convocatoria, que chegou a publicarse nas redes sociais oficiais do Concello, xa non figura hoxe entre os
seus contidos visibles, nun movemento que os socialistas cualifican de intento de ocultar un ridículo
patente.
Leiro, 4 de setembro de 2026.- Dende o grupo municipal do PSdeG-PSOE de Leiro queremos facer unha
valoración pública sobre a concentración convocada polo equipo de goberno na Praza do Concello,
cualificándoa dun «fracaso rotundo de participación» que deixa en evidencia a fonda desconexión entre
o executivo local e a veciñanza.
Segundo sinalan dende a formación socialista, o acto convocado a carón da casa consistorial quedou
reducido a un número moi reducido de asistentes, constatando que a gran maioría dos veciños e veciñas
de Leiro optaron por darlle as costas a unha convocatoria que respondeu máis a intereses partidistas que
ao sentir xeral do municipio.
Solicitude formal de custos e responsabilidades por escrito
Ante o uso de carteis e material divulgativo que empregaban de forma destacada a identidade visual, os
escudos oficiais e a rotulación institucional do Concello para unha convocatoria de carácter político, os
concelleiros socialistas xa presentaron unha instancia formal de fiscalización no rexistro municipal.
A través deste escrito oficial, o PSdeG-PSOE exixe o informe detallado do custe económico total derivado
do deseño, impresión e distribución dos carteis, achegando as facturas correspondentes ou a certificación
negativa se o custe foi cero. Así mesmo, lánzanse peticións formais de aclaración sobre quen ordenou a
difusión utilizando os símbolos públicos, se o material pasou por algún procedemento administrativo
regulado ou se foi elaborado mediante ferramentas de intelixencia artificial, reclamando ademais copia de
calquera expediente, autorización da Alcaldía ou informe que avale o uso dos símbolos municipais para
esta convocatoria concreta.
Manobra de ocultación en redes sociais
Un dos aspectos máis chamativos que subliña o PSdeG-PSOE é a reacción posterior do propio goberno
local. Segundo puido comprobar directamente este grupo municipal, así como diversos veciños e veciñas
que chegaron a comentar na publicación, a convocatoria foi publicada nas redes sociais oficiais do
Concello de Leiro.
Na actualidade, e tras a escasa participación rexistrada, a devandita publicación xa non figura entre os
contidos visibles da páxina oficial do Concello. Para os socialistas, esta retirada «ás escuras» reflicte un
claro exercicio de nerviosismo e a evidencia dun temor manifesto a deixar constancia gráfica dun apoio
social testemuñal.
PSdeG-PSOE de Leiro · Nota de prensa · 4 de setembro de 2026 Páxina 2
«Mentres algúns buscan o ruído e a confrontación estéril para tapar a súa evidente falta de
xestión e proxecto para o noso concello, a cidadanía de Leiro amosou unha vez máis a súa
madurez rexeitando este uso alleo das institucións públicas», apuntan dende a agrupación
socialista.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
Ante esta situación, o PSdeG-PSOE reitera o seu compromiso de manter o rumbo institucional, centrando
todos os seus esforzos na labor de fiscalización rigorosa da administración local e na defensa dunha
política útil, seria e transparente que estea enfocada única e exclusivamente en resolver os problemas
reais da veciñanza de Leiro.










