O Bng denuncia o incumprimento das normas sanitarias coa presencia de Leopoldo López en Celanova

As nacionalistas critican que o alcade da vila e a portavoz do PSOE participen nun acto de Leopoldo López, amparando a neglixente e irresponsable actitude do político residente en Madrid, incumprindo as restriccións perimetrais da Galiza para protexer a poboación galega. 

Publicidade

O político venezolano , Leopoldo López, residente en Madrid, ignorando a seguridade e a saúde da veciñanza de Celanova realizou un acto en Celanova en período vacacional,saltandose as restriccións perimetrais da Galiza coas que protexer a saúde e o benestar da veciñanza. “Até o momento non temos coñecemento de que exista ningunha autorización por ningunha institución, nin razón xustificable, para saltarse as medidas sanitarias” di o voceiro do BNG de Celanova, Leopoldo Rodríguez

Unha vila que padeceu o impacto da COVID e continúa como moitas con restricións sanitarias non merece o despropósito de quen alegando intereses turísticos non respectar as mínimas normas de convivencia para protexer a poboación máis vulnerable de riscos innecesarios. 

Despois de ser multado facendo turismo en Cambados, fai acto de presencia en Celanova. “Entendemos que este tipo de visitas pódense realizar en calquera outro momento sen por en risco á veciñanza e e en condicións de seguridade mellores das que se poden dar no interior dunha cafetería co aforo completo durante máis dunha hora”, sinala o voceiro nacionalista. 

Desde o BNG non aceptamos esta impunidade ante a desatención á mínima prudencia das normas sanitarias, nin a permisividade das autoridades ante unha actitude neglixente e temeraria. 

DENUNCIAMOS A INSENSIBILDADE COS DEREITOS HUMÁNS DO GOBERNO DE CELANOVA. 

O BNG manifesta ademais a súa sorpresa diante da persimividade e da complicidade municipal, por parte do alcalde de Celanova, António Puga e da voceira do PSOE Teresa Barge, que asistiron o acto. 

Non só é que Leopoldo López (residente en Madrid) estea en Galiza ilegalmente, sen razón que lle permita saltarse as restriccións sanitarias e pondo en perigo á poboación que disfruta duns días festivos, é que o alcalde e os seus socios de goberno amparen, promovan e participen deste acto político, demostrando ademais falta de sensibilidade polo respeto aos dereitos humanos. No acto tamén estivo presente entre o público o secretario da Fundación Curros, Antonio Piñeiro.