O PP de Ramirás esixe a posta en marcha inmediata das axudas para autónomos e pemes aprobadas en pleno

Co apoio do BNG e a abstención do grupo socialista de goberno

Publicidade

A liña de axudas a fondo perdido ten unha contía aproximada de entre 70.000 e 90.000 euros, que se poden habilitar con cargo ao remanente de tesourería, explicou o portavoz do PP, Juan Carlos Rodríguez, para quen a falta de apoio por parte da alcaldesa socialista, Isabel Gil, “é unha mostra do escaso ou nulo interese que os gobernos que se fan chamar progresistas e de esquerdas teñen por contribuír á reactivación da economía”.

O Partido Popular de Ramirás esixe ao grupo de goberno do PSOE que poña en marcha de xeito inmediato as axudas para autónomos e pemes que foron aprobadas no pleno do pasado mes de setembro, iniciativa que partiu do propio grupo popular e que contou co apoio do representante nacionalista, mentres que o equipo de goberno da socialista Isabel Gil se abstivo. “Unha mostra do escaso ou nulo interese que os gobernos que se fan chamar progresistas e de esquerdas teñen por contribuír á reactivación da economía”, criticou o portavoz do PP, Juan Carlos Rodríguez. A liña de axudas a fondo perdido ten unha contía aproximada de entre 70.000 e 90.000 euros, que se poden habilitar con cargo ao remanente de tesourería, explicou Rodríguez. “A actividade económica é esencial para o futuro de Ramirás, un dos concellos da comarca onde están establecidos máis autónomos e pequenos empresarios, polo que entendimos que se debía dar prioridade a estes veciños antes que as obras”, sinalou o portavoz municipal

“Así o entendeu tamén o edil do BNG cando pedimos unas axudas directas, compatibles con outras subvencións e de fácil resolución, como por exemplo o pagamento do recibo de autónomos ou a exención de tributos mancomunados”.

Juan Carlos Rodríguez lembrou as graves consecuencias económicas que está a provocar a pandemia, “polo que é a nosa obriga axudar ás persoas que xeran emprego e riqueza no noso concello, o que non quere entender o PSOE, que coa alcaldesa á fronte se abstivo neste importantísimo asunto, seguindo a liña emprendida polo seu secretario provincial, o señor Villarino, que tamén torpedea este tipo de axudas”.

O portavoz do PP tamén achacou “á incompetencia e irresponsable xestión da alcaldesa” as graves deficiencias no abastacemento municipal, con cortes continuos no subministro, auga sen a mínima calidade e “un reparto de auga embotellada con criterios moi pouco serios”.

Diante desta situación e no citado pleno, o Partido Popular presentou outra moción, tamén aprobada co apoio do BNG, “para que non se cobre a taxa, nin imposto ou canon da auga no segundo semestre do 2020”. “O servizo foi nulo, con graves deficiencias e se puxo en perigo a saúde pública co comportamento da alcaldesa”, denunciou Rodríguez.