As festas patronais do San Cibrao, no Carballiño, son un máis dos eventos cancelados por mor da situación sanitaria provocada polo Covid-19. Do 14 ó 19 de setembro, nunha situación normal, a vila contaría con numerosas orquestras, charangas, grupos locais e as tradicionais atraccións de feira para nenos e adultos que dan vida ás festas.

Este ano, o concelleiro de Cultura, Diego Fernández, xa afirmaba en días anteriores que non se podería contar con ningunha desas actividades. Hoxe confirmou esta decisión e asegurou que neste mes haberá programación cultural de pequeno formato, como houbo durante o verán, que será anunciada nos próximos días.