Revisión ó Plan de Emerxencia Exterior da planta de Cepsa en Maside

Hoxe o voluntariado de Protección Civil de Ourense visitou as instalacións da planta de Cepsa Comercial Petroleo situada no Concello de Maside afectada pola nova normativa de medidas de control dos riscos inherentes aos accidentes graves nos que interveñan substancias perigosas.

A planta dispón nas súas instalacións de depósitos de almacenamento de butano e propano; carga e descarga de camións cisterna; liña de envasado de botellas; rede de tubaxes de GLP; zona de almacenamiento de botellas…

AVANTAR ACTIVIDADES

Na visita participaron os membros dos distintos Grupos Operativos que intervirían en caso de producirse unha emerxencia na planta, a fin de coñecer a mesma, así como aos efectos da preparación do simulacro de activación do Plan de Emerxencia Exterior que se realizará ao longo deste ano.