
A comunidade galega rexistra hoxe 37 contaxios, un ritmo de novos positivos que se duplica con respecto a onte. O número de casos activos de coronavirus en Galicia a día de hoxe é de 472, 6 casos máis nesta xornada. A ocupación das camas dos hospitais por enfermos covid presenta un equilibrio. Do total de pacientes positivos en Galicia, 7 (-3) están en UCI e 31 (-2) en unidades de hospitalización.
A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de rexistra 5 contaxios novos nas últimas 24 horas e restando as altas, os casos totais chegan ata os 71 casos activos, dous menos ca onte. Os hospitais hoxe presentan 2 (+1) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 0 (-1) na UCI.