Xa está á venta o vinagre RESERVA 2017 semidoce de Vinagres Do Ribeiro S.L.

Dispois de 6 anos de traballos silenciosos.

 Con él preténdese reivindicar o vinagre de calidade como un producto interesantemente complementario na tradición vitivinícola galega.

AVANTAR ACTIVIDADES

                      Quere ser a demostración de que en Galicia se poden facer grandes vinagres, só fai falta adicación, tempo, paciencia e creer no producto.

                     Quenes queiran seguir pensando que o vinagre é un viño estropeado, poden seguir exercendo ese direito á liberdade de pensar, e terán moito onde escoller. Simplemente un consello : lean a letra pequeña. Tamén poden seguir exercendo a súa liberdade quenes prefiran unha vinagreta de cítricos, que en pulcritude lingüística deberían chamarlle “citraneta”.

En anexo explícase a historia da elaboración e características do vinagre.

                              Esta 1ª Edición, consta de 150 uds. numeradas en garrafas de cerámica de Alfonso Otero Regal.       ARTE CON ARTE  

como xeito de reivindicación do producto auténtico galego e do arte de elaborar vinagres.


Vinagre Reserva 2017

Semidoce

Primeira edición

Desde que fai máis de dez anos empecei a experimentar na elaboración

de vinagres, tiña a teima de poder elaborar un vinagre balsámico. A idea era elaborar un vinagre balsámico a imitación dos Acetos Balsámicos Tradizionales de Módena, coas dúas características básicas

  • Concentración de azúcares en mosto
  • Doble fermentación, alcohólica e acética, simultáneas.

Tiña claro que a concentración de azúcares en mosto, en vez de conseguila sometendo ó mosto a baño maría, como fan en Módena, quería conseguila por métodos tradicionáis de O Ribeiro, como é a pasificación de uvas.

No ano 2015 xa fun concretando a experimenteción, para a que se empregaron aprox. 100 kgs. de uva treixadura, 25 kgs. de moscatel de bago miudo e  25 kgs de outras uvas. Todas de cultivo propio e responsable. ( non uso de herbicidas, control para a mínima aplicación de funxidas, non uso de ningún funxicida mes e medio antes de vendima)

            Deses  150 kgs.  saíron uns 40 litros litros de mosto, que ó cabo de dous anos eran 25 litros de vinagre.

Na  vendima de 2017 xa se seleccionaron 500 kgs. de uvas, dos que se obtiveron aprox. 150 litros de mosto. Usándose o vinagre de 2015 como mezcla para iniciar a fermentación.

            Fermentación e crianza  en  barricas de carballo e  de castaño.

            Non foi sometido a filtrado, clarificándose por decantación.

O Resultado,  dispois de 4 anos, son 125 litros dun vinagre de 9´5 grados de acidez

            e 96 grs. de azúcares

.

            De cor caoba con reflexos dourados. Brillante. Con aromas que recordan as uvas pasas e notas de froitos secos e mel. Intenso e punzante.

            Aterciopelado en boca, conxuga armoniosamente a potencia acética cos matices doces. Persistente.

Nesta Primeira Edición,  embotéllanse 22,5 litros dos 125 existentes,                           en  150  garrafas numeradas de 150 ml,  do ceramista Alfonso Otero Regal,

            co que se quere destacar

                        a arte de elaborar o mellor vinagre de Galicia.