Este sábado xogan contra CALVO XIRIA CARBALLO, un dos equipos máis fortes da Categoría, invicto ata o de agora, no pavillón municipal de Ribadavia O Consello.

O aforo sigue sendo de 60 persoas, polo que darán prioridade de entrada ós socios ata as 17:45h e a partir de ahí ata completar aforo.

Recordan as normas de acceso sanitarias: control de temperatura na entrada, rexistro de datos persoais (Nome e apelidos, dirección e tfno de contacto), uso obrigatorio de mascarilla en todo momento, utilizar xel desinfectante de mans na entrado ó pavillón, distancia de seguridade mínimo 1,5m, prohibido comer e beber dentro da instalación e non está permitido permanecer de pé no pasillo de acceso.