O Arenteiro celebra unha tempada de éxito ca afección

O C.D. Arenteiro pechou a mellor tempada posible gañando fronte o Lugo. Como recompensa, o domingo celebraron un fin de festa ca súa afección e directiva. Dende a media mañá, no parque municipal presidían as tres copas gañadas para ser fotografadas por todos: Copa Federación Autonómica, Copa Federación Nacional e Copa de Campións do Grupo 1 da Segunda Federación.

Foron moitos os que se animaron a desfrutar da xornada co seu equipo, cun xantar popular, xogos infantís e tamén música. Para a concelleira de deportes, e fiel seguidora deste equipo dende moitos anos atrás, esta celebración debería ter lugar todas as tempadas.

AVANTAR ACTIVIDADES

Para o seu adestrador, esta tempada foi inmellorable e quere que os éxitos sigan da man nos vindeiros meses, asegurando que no Carballiño está moi a gusto. Agora, merecidas vacacións para todos.