A Xunta axudará á creación de 16 novas casas niño, unha delas en Maside e outra en Castrelo

IES CHAMOSO LAMAS

A Xunta axudará na creación de 16 novas casas niño no rural para acadar as 93 en toda a Comunidade. En concreto, as persoas beneficiarias proxectan a apertura de casas niño en oito concellos da provincia de Ourense, entre eles Maside e Castrelo de Miño. Contarán cun prazo de dez días para aceptar a axuda e terán dous meses para achegar toda a documentación requirida.

As casas niño son un servizo de atención á infancia para os concellos do rural que ofrecen unha atención totalmente gratuíta para as familias. Galicia dispón de 77 e chegaranse ás 93 casas con esta convocatoria e ás 465 prazas de atención para nenas e nenos de 0 a 3 anos, 100% gratuítas para as familias.

HIPER MASIDE