Un grupo de 15 cociñeiras e cociñeiros profesionais das Escolas de Hostalería de Galicia tivo a idea de elaborar unha publicación ao redor do pulpo e a memoria das pulpeiras e pulpeiros do Carballiño. Así xurdíu “Polbo, suor e cobre”, unha publicación colectiva coordenada por Santiago Martínez e escrita por Julio López na que presentan un total de 15 receitas culinarias co pulpo como ingrediente principal e tamén os relatos e anécdotas contadas polos propios pulpeiros e recollidas por María del Mar Lage, secretaria da Asociación de Pulpeiros do Carballiño.
A presentación do libro tivo lugar hoxe no salón de plenos da Casa do Concello, coa presenza do concelleiro de Turismo, Manuel Dacal, que estivo acompañado por Santiago Martínez, Julio López, e outros colaboradores desta iniciativa. O edil agradeceu aos autores a publicación, “e que mellor data a da Festa do Pulpo pon en valor a tradición das pulpeiras de Arcos do Carballiño e o noso produto estrela”.

Santiago Martinez apuntou que “en contra do edadismo, nos quixemos elixir as pulpeiras e pulpeiros de máis idade para que nos contasen as anécdotas que viviron ao longo da súa vida profesional”. Engadíu que “queremos que esta tradición gastronómica non se perda, e iso é o que lle trasmitimos ao noso alumnado das escolas de hostalaría”.
Sobre o título “Polbo, suor e cobre”, Martínez develou que parte do paralelismo entre os versos de Manuel Machado sobre o desterro do Cid -“polvo, sudor y hierro”- coas polbeiras que cabalgaban cara as feiras e o seu suor de entrega física de toda unha vida para cocer o polbo en caldeiras de cobre.
O coordenador do libro agradeceu o apoio do Concello do Carballiño e da Asociación de Pulpeiros e tamén das firmas comerciais Aceites Abril e Frigoríficos Arcos.

















