Tanto hoxe, día 29 de setembro coma mañá, día 30, Expourense acolle a XX edición de Termatalia, que volve de xeito presencial e internacional logo da pandemia. Esta mañá tivo lugar o acto inaugural, que abría camiño a dous días intensos. Este ano, conta coa participación de 140 expositores de Europa e América, fundamentalmente e coa presenza directa de 25 países aínda que, coas diversas actividades esta cifra ascende a 55 países representados, sumados á presenza de 70 relatores internacionais.
Esta feira é un exemplo de cooperación público privada e de administracións e os eixos de Termatalia son o negocio, a formación e o capital relacional, durante as dúas xornadas nas que tará lugar.
Cando se fala de Ourense, fálase do triángulo máxico do termalismo. (inicio). Este sector xera un volume de negocio e de creación de emprego importante e Termatalia serve de eixo que permite presumir de Galicia como destino sostible termal. (final intervención)
Esta feira vai a ser unha gran plataforma de formación e que se celebre en Ourense é un pulo máis para a cidade. Por parte da Universidade de Vigo tenden a man a seguir fomentando a formación con proxectos de colaboración nese senso.
Tamén será unha oportunidade para desatacar o esforzo dos balnearios por adaptarse á acelaración dos plans de sostenibilidade tanto medioambiental coma enerxética. (final intervención)
E tamén unha oportunidade para recalcar o valor médico das augas termais e unha vez máis pedir que se inclúa dentro da carteira sanitaria.
A Deputación, un ano máis, aposta firmemente por Termatalia dende as súas orixes xa que logrou acoller a toda unha rede de embaixadores termais e seguirá loitando por esa estratexia.
Como invitado deste ano, o viceministro de Turismo de Uruguay, quen aproveitou esta ocasión para convidar ó seu país como sede de Termatalia para o próximo ano.