Rubén Gómez dimite como alcalde de San Amaro ante a situación actual de inestabilidade política

IES CHAMOSO LAMAS

Rubén Gómez, actual alcalde de San Amaro, renunciaba ó seu cargo esta mesma mañá, e tamén á súa acta como concelleiro. Aseguraba tomar esta decisión ante a inestabilidade política dos últimos meses, como acto de responsabilidade. Recorda que non é por falla de gañas de traballar, xa que asegura que fixo todo o que estivo na súa man nestes dous anos, nos que ademais lle tocou afrontar unha situación difícil como foi unha pandemia. Asegura que ata o último momento intentou reconducir a situación e que non quere salpicar á veciñanza con problemas internos de partido.

O PP de San Amaro daba un paso iniciando contactos para estudar a presentación dunha moción de censura no concello é viable, despois das discrepancias entre o PSOE e Xuntos por San Amaro, que gobernan en coalición. Os problemas entre estes dous grupos fixéronse latentes no momento no que debería producir a substitución na alcaldía, compartida entre o PSOE e Xuntos por San Amaro. Ademais, nos últimos días, a número dous de Xuntos por San Amaro, Sonia Ordóñez, pasaba a ser concelleira non adscrita ó amosar desavenencias co seu grupo.

OZOCOgz Deseño Galego