Ata o 15 de novembro pódense desfrutar as primeiras 12 exposicións do Arenteiro Fotográfico

Un ano máis, volve o Arenteiro Fotográfico, da man da asociación O’Potiños. Este evento, xa en marcha, está composto por 22 exposicións ó longo de dous meses, charlas, cursos e coloquios, que farán a esta vila un referente unha vez máis no eido fotográfico galego. Ata o 15 de novembro están dispoñibles as primeiras 12 exposicións, ubicadas na casa do concello, asador Veracruz, no baixo da rúa Principal, o Casino, Hotel Arenteiro, no Multifuncional, Pazo da Almuzara, Peñasco, Café Plaza, nas Galerías Ango, e fora, en COSAGA, e Chantada.

A partir do 15 de novembro, poderemos desfrutar doutras 10 exposicións, que lles iremos anunciando, así como dos cursos e charlas que se celebrarán.

AVANTAR ACTIVIDADES