O Concello de Piñor reabre a súa área de autocaravanas cun novo sistema de reserva e acceso dixital

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

O Concello de Piñor anuncia a reapertura da súa área de autocaravanas, que volverá estar operativa cun novo sistema de funcionamento que permitirá ofrecer aos usuarios un servizo máis moderno, cómodo e organizado.

Como principal novidade, a instalación pasa a contar cun sistema de acceso de pago mediante reserva previa e xestión dixital a través da app GALILEO, dispoñible para Android e IOs, ou  a través da web https://appreservas.com/reservas_galileo/6821ed7f4e9d70005f5fe33e 

Os usuarios deberán realizar a reserva da súa estancia, efectuar o pagamento correspondente e, unha vez completado o proceso, poderán acceder á área directamente desde o seu teléfono móbil, a través da aplicación habilitada para este servizo.

Este novo sistema permite simplificar o acceso ás instalacións, facilitando aos viaxeiros a xestión da súa estancia e favorecendo un funcionamento máis autónomo da área.

Con esta reapertura, o Concello de Piñor continúa apostando pola mellora dos servizos municipais e pola promoción do turismo itinerante, ofrecendo aos visitantes unha alternativa para coñecer o municipio e o seu contorno.

O Concello convida a todas as persoas afeccionadas ás viaxes en autocaravana a descubrir Piñor e a desfrutar dos seus recursos, da súa paisaxe e da súa contorna.

A área de autocaravanas está situada preto de Cotelas, (42.48806, -7.99722) e ten capacidade para 25 prazas.

Para dúbidas ou máis información, deben poñerse en contacto co Concello de Piñor a través do teléfono 988 4032 36 ou no mail info@pinor.es.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------