No concello de Piñor: Convocatoria se subvencións de apoio á natalidade

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Publicado no BOP:

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

EXTRACTO DAS BASES DA CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS DE APOIO Á NATALIDADE E ADOPCIÓN BENVIDO/A A PIÑOR, ANUALIDADE 2026. BDNS (IDENTIF.): 936862.

Bases da convocatoria de subvencións de apoio á natalidade e adopción “Benvido/a a Piñor”, anualidade 2026

BDNS (Identif.): 936862

De acordo co disposto nos artigos 17.3.b e 20.8.a da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria, cuxo texto completo pódese atopar na Base de Datos Nacional de Subvencións:

(https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/936862)

“De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b e 20.8.a da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de Datos Nacional de Subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans):

Primeiro. Beneficiarios:

Poderán ser beneficiarios da presente subvención:

  • O/A proxenitor/a dun/ha menor nado/a entre o 1 de xaneiro do 2024 e o 30 de setembro do 2026.
  • O/A adoptante dun/ha menor, sempre que a constitución da adopción teña lugar entre o 1 de xaneiro do 2024 e o 30 de setembro do 2026.
  • O/A titor/a dun/ha menor, sempre que a constitución da tutela fágase entre o 1 de xaneiro do 2024 e o 30 de setembro do 2026.

En todos os casos é preciso cumprir as seguintes condicións:

  • A persoa solicitante ten que figurar empadroada no Concello de Piñor na data da solicitude da axuda e acreditar unha antigüidade no empadroamento nel, polo menos, dun ano ininterrompido e inmediatamente anterior á data da presentación da solicitude.
  • O/A menor que causa o dereito á axuda ten que constar inscrito/a no padrón de habitantes do Concello de Piñor na data de presentación da solicitude.

Segundo. Obxecto.

Constitúe o obxecto destas bases da convocatoria das axudas que o Concello de Piñor outor-gará, mediante o procedemento de concorrencia non competitiva previsto no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xullo, de subvencións de Galicia, á persoa que durante os anos 2024, 2025 e 2026 teña un fillo ou filla, teña constituída a tutela ou adopción dun neno ou nena.

A través do procedemento regulado nestas bases, o Concello de Piñor concederá axudas polo feito certo do parto/tutela/adopción dun neno/a que tivera ou teña lugar durante os anos 2024, 2025 e 2026.

Terceiro. Bases reguladoras.

As bases reguladoras foron aprobadas por acordo plenario do Concello de Piñor o 27 de febreiro de 2026, conténdose nas bases de execución do orzamento 2026 (base 16ª). Atópanse publicadas na sede electrónica do Concello.

Cuarto. Contía.

Importe total da convocatoria: 2.500,00 €. Importe máximo por beneficiario: 250,00 €.

Nº máximo de beneficiarios: ata esgotamento do crédito. Quinto. Prazo de presentación de solicitudes.

Desde a publicación do presente extracto no Boletín Oficial da Provincia de Ourense ata o 13 de novembro de 2026.

Sexto. Outros datos.

A solicitude de subvención deberá presentarse necesariamente segundo o modelo do anexo I, que se inclúe nas bases da convocatoria. Poderá obterse na sede electrónica do Concello, no trámite específico aberto para o efecto”.

Piñor, 21 de outubro de 2026. O alcalde. Asdo.: José Luís González Rodríguez.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------