Nota aclaratoria de Tiruleque sobre a Mostra de Teatro Amador “Terras do Orcellón”

Moi bos días, para tódolos compañeiros e compañeiras que formades parte deste marabilloso mundo do teatro Amador:

Chega aos nosos ouvidos que se está propalando o comentario que na Mostra de Teatro Amador “Terras do Orcellón” do Carballiño se prima a pertenza á Federación Galega de Teatro Afeccionado (FEGATEA) para a escolma das obras a representar na devandita mostra.

AVANTAR ACTIVIDADES

Dende Tiruleque, vémonos da obriga de rexeitar tal comentario e tachalo de falso, manipulador, interesado, contaminador, noxento… e a maiores podedes engadirlle tódolos epítetos que teñades a ben. Seranlle poucos, abofé.

A escolla das obras a participar na nosa mostra é responsabilidade dun xurado, que non sabe nin ten coñecemento ningún de quen son os intérpretes das obras, se pertencen a unha ou a outra agrupación, federación, club de amigos, partida de subastado, brisca ou escoba, nin tan sequera cal é a súa localización xeográfica.

Como exemplo de tal imparcialidade, vaivos a relación de obras escollidas nas últimas Mostras de Teatro Amador “Terras do Orcellón” do Carballiño, incluídas as da XIII Mostra, coas especiais circunstancias da súa representación por mor da pandemia:

A Tequerreté – O enredo.

Escoitade – Un hotel de primeira sobre o río

Fauna 113 – A última cea.

Martabelas – Un bombón inesperado.

O Catre – Fatum.

Namarella – Agárdame no ceo (non chegou a representarse)

Avelaíña – A ópera de patacón (non chegou a representarse)

O Aturuxo de Melpómene – Algo pasa con Paco.

La Barata Produccións – Allegro.

A. T. Mariñán – Insania

Namarella – W.C. (O Baño)

Porta Aberta – Estraños hábitos

Martabelas – A cousa de Bernarda Alba.

Ditirambo – Anónima 18.

O Trasno – En venda.

Teatro Muxicas – O Inspector.

O Catre – O medo meu.

Gargallada – O xogo de Versalles.

Faíscas – Un fiambre unha rosca e un can can.

Delatoute Producións – Menciña rica… rica.

Abran paso! – Cantos Contos.

Max Teatro – Cousas de matrimonio.

Fauna 113 – Deus, unha comedia.

Hipócrita Teatro – Hotel Desencanto.

Trasluz Teatro – O Cadro e ser feliz.

Achádego – Balas sobre Broadway.

O Aturuxo de Melpómene – Terapia de bar.

FarandOleiras – Pánico.

Gargallada – Fuga.

A. T. Mariñán – O de menos é o nome.

Ditirambo – Retrato en branco e negro.

Achádego – O barco sen mariñeiro.

Porta Aberta – A casa do senador.

Disfunción continua – Teimas.

Andaravía – Maniféstate!!!

Farrapo Teatro – Frío.

FrandOleiras – Un Cabaré de película.

Piollo Teatro – Espermatozoides.

Nostrum CAI – Alba, a casa pechada.

Delatoute Producións – A miña gran mansión.

Xa vedes que hai de todo, castes, colorinchos e bombas de palenque.

Así que nos vos fiedes das linguas rexoubeiras e mandade as vosas obras… que se teñen calidade serán escollidas. (Polo VAR)

E unha vez dito todo isto, facédevos socios da FEGATEA… que non manca e lembrade que o prazo para a presentación das obras remata o día 15 deste mes de xuño.

Apertas e bo teatro.