Galicia xa vacinou fronte a gripe a 253.000 persoas en menos dun mes de campaña

A Xunta de Galicia xa vacinou contra a gripe a un total de 253.076 persoas desde o inicio da campaña de vacinación antigripal, que comezou o pasado 18 de outubro, e que se prolongará ata finais de decembro. Deles, 22.000 son sanitarios e 141 mulleres embarazadas.

Por primeira vez este ano e para mellorar a xestión, a vacinación será secuencial. A partir do 15 de novembro vacinaranse as persoas de 60 a 64 anos, maiores de 60 anos con patoloxías de risco, embarazadas e prematuros de ata 2 anos, e persoal dos servizos esenciais e farmacias. E, finalmente, a partir do 29 de novembro, o resto da poboación diana.

AVANTAR ACTIVIDADES