A Mini BTT de Ponteareas contou con 15 rapaces do Club Ciclista Carballiño

Espectacular xornada de mini btt a de onte en Ponteareas, onde o Club Ciclista do Carballiño tiña a 15 participantes, moitos deles debutando este ano e outros repetindo despois do ben que o pasaron na competición de Santiago da pasada semana.

Na quenda da categoría infantil, Marcos Rodríguez acadaba o 1° posto, despois dunha proba moi disputada e que se resolvía nos últimos metros antes da liña de meta.

AVANTAR ACTIVIDADES

En Principiante Femenino, Sofía González remataba en 14ª posición e Leonor Mouriño na 22ª. En Principiante B, Manuel Mouriño facíao en 28° mentres que en Principiante A, Luis Taboada era 19° e Teo Pérez 21°. En Alevín Femenino, Noela Glez remataba en 8ª posición. Rafael De Anta facíao en 21° el Alevín B, mentres que en Alevín A Mario De Anta facíao de 25° e Miguel Barral de 43°.

Xa pola tarde era o turno dos pequenos, onde en Promesa B Fabio López e Alvaro Fdez remataban nos postos 21 e 22 respectivamente, mentres que en Promesa A Iago de Anta facíao de 18° e Toño Glez facíao de 34º.