A Escola Madokoan do Carballiño obtivo un extraordinario éxito con dos ouros, unha prata e dous bronces no Campionato do Mundo ISKA

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Os deportistas da Escola Madokoan do Carballiño que se desprazaron ata Aranjuez para competir no ‘ISKA World Championship 2026’, o campionato mundial por excelencia das artes marciais, obtiveron uns resultados espectaculares, con dúas medallas de ouro, unha de prata e dous bronces. O torneo reuníu a máis de 1.500 participantes dun total de 47 países de todo o mundo.

Os extraordinarios premios foron conqueridos por Lorena da Silva, cun dobre campionato do Mundo (dous ouros) en K1 e kick light; Yago Brito, subcampión en kick light; Ares Caldera e Valeria Riveiro, que gañaron dous bronces, respectivamente, en light contact e semi contact.

Dende Badal Novas felicitamos a estes rapaces e á dirección da Escola Madokoan, que o ano pasado fíxose acredora do Premio Arenteira do Deporte, na súa 14ª edición.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------