Ourense reduce a presión en coidados intensivos ata os tres ingresados

IES CHAMOSO LAMAS

A comunidade galega rexistra hoxe 78 contaxios novos, un descenso con respecto a onte. O número de casos activos de coronavirus en Galicia a día de hoxe é de 2.206, unha cifra case estática cunha variación de apenas dous casos con respecto a onte. Do total de pacientes positivos en Galicia, 21 (-4) están en UCI, 90 (+6) en unidades de hospitalización.

Na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras a xornada presenta estabilidade. A provincia rexistra hoxe 8 contaxios novos, e contando co mesmo número de altas, o que fai que os casos totais se manteñan nos 164 contaxios, mesma cifra ca onte. Nos hospitais hoxe a situación amosa un descenso. Contamos con 7 (=) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 3 (-1) na UCI.

HIPER MASIDE