Trátase dun servizo de atención integral e personalizada para nenos e nenas con idades entre os 4 meses e os tres anos, o cal comprenderá as súas necesidades básicas de alimentación, hixiene e descanso dacordo coa súa idade e a contribución ao seu desenvolvemento físico, motor, afectivo, intelectual e social.

O servizo ten CARÁCTER GRATUÍTO e ofrécese de luns a venres. As familias deberá aportar o leite ou os alimentos cociñados que queiran para os seus fillos e poderán levar ós cativos un máximo de oito horas diarias. O servizo ten un aforo de cinco rapaces ó mesmo tempo.

Para obter máis información poden poñerse en contacto a través dos seguintes teléfonos: 637066636 (Tamara) 617540904 (Olaia)