MOCIÓN PARA SOLICITAR AO CONCELLO DO CARBALLIÑO
ADHERIRSE A REDE ESPAÑOLA DE CIDADES SAUDABLES
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
A Rede Española de Cidades Saudables (RECS) é unha agrupación de cidades que, dentro da FEMP (Federación Española de Municipios y Provincias), uníronse ao amparo dos principios e actividades acordes co programa “Cidades Saudables (Healthy
Cities)” da Organización Mundial da Saúde, co fin de crear as condicións precisas y os mecanismos apropiados para lograr unha forma estable de colaboración en actividades encamiñadas a fomentar e conseguir cidades mais saudables, o que constitúe o
seu principal obxectivo.
Unha cidade saudable é aquela cuxo goberno se compromete a por a saúde nun lugar destacado da súa axenda social, económica e política. En consecuencia, tratase de promover a utilización dun enfoque humano no desenvolvemento social, ao priorizar a
inversión nas persoas para mellorar a equidade e a inclusión mediante un maior empoderamento da cidadanía.
Ademais os concellos, teñen un papel privilexiado para crear ambientes que favorezan a saúde. Por un lado, a súa proximidade e coñecemento dos problemas concretos da xente que vive, traballa e envellece no seu territorio; por outro lado dispoñer de competencias para implantar políticas públicas que contribúan a mellorar a saúde de toda a poboación e finalmente a capacidade para poder organizar dunha maneira mais operativa a
participación cidadá na promoción da saúde.
A sección europea da OMS recolleu os obxectivos nun programa denominado Fase VII da Rede Europea de Cidades Saudables, entre este obxectivos está xestionar e responder a problemas actuais como o envellecemento da poboación, o cambio climático, desigualdades sociais, urbanismo…etc… deste xeito subliñase a importancia do papel local nas melloras da saúde e benestar.
O solicitar a adhesión a Rede Española de Cidades Saudables danos a oportunidade como Concello de contribuír a todo isto por medio de plans e subvencións outorgadas por este ente.
SOLICITAMOS:
• Que o Concello do Carballiño se adhira a esta rede para potenciar todas estas medidas mencionadas anteriormente en beneficio dos seus veciños/as.