Situación estable no Carballiño polos casos activos de covid: Un total de 8. En Boborás un total de 13

A comarca ten hoxe o número total de casos activos de coronavirus ata os 23, unha cifra que agora evoluciona en función da situación do Carballiño e de Boborás.

No Carballiño, hoxe os datos mantéñense nos 8 contaxios, os mesmos dende o pasado martes. Estas cifras xa supoñen unha estabilidade previa á terceira vaga, a principios de xaneiro. 

AVANTAR ACTIVIDADES

Boborás é o concello no que hai que poñer o foco preocupante.. Hoxe os datos manteñense de novo, cun contaxio menos ca onte, establecéndose nos 13 positivos. Maside mantén hoxe doys caso activo. Os demais concellos,  Beariz, O Irixo, Piñor, Punxín, San Amaro e San Cristovo de Cea están libres de coronavirus.

PUBLICIDADE