Comunicado da Asociación de Nais e Pais do CPR Vila do Arenteiro

VOTACIÓN XORNADA ÚNICA O vindeiro martes 26 de xaneiro decídese o horario do alumnado do CPR Vila do Arenteiro. As familias serán escoitadas e, mediante o seu voto, poderán decidir a implantación da xornada continua ou o mantemento da actual xornada partida (clases mañá e tarde).Dende a Asociación de Nais e Pais do CPR Vila do Arenteiro facemos un chamamento a tódalas familias para que acudan a votar, posto que é decidir sobre o futuro dos nosos fillos e fillas.O debate sobre a xornada continua sempre estivo ahí. O COVID19 produciu cambios importantes na vida escolar, levando a moitos centros educativos con xornada partida a implantar a xornada continua durante esta pandemia.

Este curso escolar foi de varios cambios para o noso centro educativo. Modificouse o horario de entrada por mor dun problema co transporte. A maiores polo COVID19 os horarios de entrada/saída son diferentes, e carécese de actividades extraescolares. Para o vindeiro curso, plantéxanse dúas opcións, entre as cales a diferencia máis importante é que actualmente (coa xornada partida) cóntase cun descanso tralo comedor de máis de 2 horas, e unha vez rematado hai clases de tarde de luns a mércores, mentres que coa xornada única as clases estarían concentradas sempre en quenda de mañá, e tanto o comedor como este descanso de 2h serían unha vez rematada a xornada lectiva. En ambas opcións existirán medidas de conciliación, cando o COVID19 o permita.

AVANTAR ACTIVIDADES

É moi importante fomentar as medidas de conciliación, posto que o Colexio Vila do Arenteiro consideramos que sempre foi un exemplo neste eido. Coa xornada única simplemente se concentran as horas escolares na quenda de mañá, de maneira que cando o COVID19 o permita, as alternativas de conciliación permitirán cubrir as necesidades das familias, e con actividades chamativas e útiles para o alumnado. O centro educativo aceptou recibir propostas de tipos de actividades extraescolaes, e dende a ANPA estase a elaborar unha listaxe, aberta a tódalas familias: Robótica, Creación de videoxogos, Axedrez, Baloncesto, Balonmán, Bádminton, Vilachef, Intelixencia emocional…

Por todo isto, e máis, convocamos a tódalas familias do CPR Vila do Arenteiro a votar o vindeiro martes 26 de xaneiro, en horario ininterrompido de 8:20h a 17:20h, porque….O TEU VOTO DECIDEQUE NON DECIDAN POR TI

Finalmente, agradecer a implicación do CPR Vila do Arenteiro. Iniciar un proceso coma este durante o curso actual é un gran esforzo, e somos conscientes da gran labor dos docentes e equipos directivos por mor da pandemia do COVID19. Esperamos que as familias participen e aproveiten esta oportunidade de que se escoite a súa voz.