Carballiño volve ós cinco contaxios e Beariz estabilízase nos oito casos activos

O Concello do Carballiño baixa un caso, dos 6 activos de onte ós 5 de hoxe. A tendencia á baixa das últimas semanas paralizábase ca suba de dous casos na fin de semana e hoxe volve ó ritmo de descenso. A comarca baixa tamén os casos, sumando un total de 16.

Beariz mantén os mesmos casos activos ca onte, establecéndose nos 8 contaxiados, despois de preocupar chegando ós 30 casos. A maioría de estes casos proveñen da Residencia San Antonio, que ten tanto residentes coma traballadores contaxiados. Nos últimos días nesta residencia rexistráronse cinco falecementos.

AVANTAR ACTIVIDADES

O resto de concellos mantéñense estables. Maside baixa mantén un só contaxiado e San Cristovo de Cea conta con dous casos. Os demais concellos, O Irixo, Boborás, Punxín, Piñor e San Amaro están libres de coronavirus.