A Reportaxe: Video do acto de lembranza da profesora do IES Nº 1 Guadalupe Díaz González

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Este pasado xoves o centro educativo IES nº1, realizou un acto en lembranza da profesora Guadalupe Díaz, recentemente falecida o pasado día de Noiteboa nun accidente de autobús no río Lérez.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O acto foi unha lembranza dos seus compañeiros do centro educativo, e tamén dos alumnos, reunidos no salón de actos. Tamén acudiu a súa familia e o director e compañeiros do IES Laxeiro de Lalín, o seu anterior centro.

Ambos centros quixeron expresar o sentimento que están a pasar, e tamén o bo recordo que gardan de Guada. Para lembrar a súa memoria, acordaron crear un certame creativo baixo o nome “La sonrisa de Guada”.

Os seus alumnos participaron hoxe con palabras de agarimo e recordo, poemas e tamén cunha ofrenda de debuxos e peluches para a súa familia, que tamén recibiu un recordo do centro.

En representación da súa familia, Patricia Díaz, a irmá da falecida, leu hoxe unha carta que eles mesmos enviaron ó centro. Agradeceu as mostras de apoio recibidas, e tamén recordou a vocación que tiña a súa irmá pola docencia, logrando deixar unha pegada como a que vimos hoxe.