O Centro de Estudos Chamoso Lamas quere crear un museo ca mostra “Historia da luz eléctrica no Carballiño”

Fotografía de Juanjo Álvarez sobre un intre da visita.

O Centro de Estudios Chamoso Lamas resalta o interese da mostra sobre a historia da luz eléctrica no Carballiño, e ofrece a súa colaboración para editar un catálogo da mesma e propón que sexa un punto de partida para a creación dun futuro museo que plasme o nacemento e a evolución da electricidade no municipio carballiñés, pioneiro na provincia.

O CECHL, que ten, entre outros fins fundacionais, documentar e divulgar o patrimonio cultural e medioambiental da comarca do Carballiño, considera que a mostra sobre as orixes e a evolución da luz eléctrica, que se exhibe no IES Chamoso Lamas e que se pode visitar ate a 12 deste mes, ten un gran interese histórico e por iso ofrece a súa colaboración para editar un catálogo da mesma.

AVANTAR ACTIVIDADES

Asemade, propón que esta exposición sexa un punto de partida para a creación dun museo que plasme o nacemento e a evolución da electricidade no concello carballiñés, que foi pioneiro a nivel provincial na implantación da luz eléctrica.

Integrantes do colectivo realizaron unha visita programada á mostra, comprobando o alto valor das pezas que se exhiben e que deben conservarse nas mellores condicións posibles co obxectivo de que poidan formar parte, xunto con outras que se consigan incorporar, deste museo que amose o carácter pioneiro do municipio carballiñés na chegada da luz eléctrica e a relevancia histórica que tivo na modernización da vila, do concello e da comarca, así como no proceso de industrialización desde finais do século XIX.