Nesta fría e solleira mañá de inverno, unha cigoña apareceu no Carballiño e no punto máis elevado do guindastre ubicado na praza dos Irmans Prieto, e que presta servizo á construcción dun edificio da rúa Manuel Riande. Aínda que o refrán castelán sentencia que “Por San Blas, la cigueña verás”, o certo é que, dende a perspectiva do cambio climático, ano tras ano faise cada vez más habitual ver este tipo de aves zancudas na procura dunha localización en altura para poder construír, acompañada da súa parella, un ñiño onde depositar os seus ovos e posteriormente alimentar ás súas crías.
Así é que esta cigoña chegou hoxe para comprobar se as condicións son as axeitadas para levar a cabo a tarefa de deseñar un pequeno fogar para as súas futuras crías e, en caso, de que sí o sexan, poñerse patas á obra. Unha ave migratoria que non debería chegar ata a estación primaveral pero adiantou a súa viaxe para que a veciñanza poida admirar a súa maxestuosidade dende rúas e prazas do Carballiño.