O Carballiño segue ca tendencia á alza, subindo ata os 11 casos activos

Segundo a última actualización do Sergas sobre os casos activos por covid na nosa contorna, a comarca do Carballiño suma 17 contaxios. O Concello do Carballiño incrementa hoxe as cifras, subindo un caso activo ata os 11 contaxiados. Este concello leva unha semana subindo, de xeito moi paulatino.

O Irixo mantén os 3 casos activos que se rexistraban o venres, San Cristovo de Cea mantén dous casos e Boborás mantén un contaxiado.  San Amaro, que contaba cun caso activo, está hoxe libre de covid.

AVANTAR ACTIVIDADES

Os demais concellos, Beariz, Punxín, Piñor, Maside e San Amaro están libres de covid.