Arteficial presenta a segunda edición do Malgosto

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO
  • A segunda edición do Malgosto, organizado pola Asociación Arteficial, celebrarase o sábado, 30 de novembro, na Igrexa da Madalena de Ribadavia.
  • Música tradicional galega, baile, sorteos de productos de proximidade, comida e máis conforman o programa deste evento.
  • O Malgosto é unha proposta que busca fusionar tradición e modernidade para conectar a herdanza cultural cun enfoque actual, respectando e valorando o pasado como fundamento para proxectarse cara o futuro

A Asociación Arteficial, en colaboración co Concello de Ribadavia, presenta a segunda edición do seu particular Malgosto, “O magosto que sae mal”. Este evento celebrarse ao longo do sábado 30 de novembro entre as 13:00h e as 23:00h na Igrexa da Madalena, ubicada no barrio xudeo de Ribadavia (Ourense).

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Esta proposta nace en base a festas e tradicións galegas como as romerías, as verbenas e as foliadas, do concepto da esmorga ou a algueirada, xa que todas estas festas se identifican coa exaltación de moitos dos aspectos máis identitarios da nosa cultura, e que nos permitirán establecer procesos de socialización para recuperar a memoria colectiva dos barrios de Ribadavia, facendo especial fincapé no barrio da Madalena e do Conxunto Histórico de Ribadavia (BIC desde o ano 1947) e así revalorizar ese espazo tan fermoso da nosa localidade a través da celebración neste formato de romaría diurna alternativa.

Nesta celebración da tradición galega organizada por Arteficial, que busca fusionar tradición e modernidade para conectar a herdanza cultural cun enfoque actual, respectando e valorando o pasado como fundamento para proxectarse cara o futuro, haberá diferentes actividades e propostas para pasar unha xornada chea de diversión, música, comida e ledicia.

O evento contará con varios espazos de música, como unha foliada, unha picada de música galega, pandereteiras ou cantos de taberna ao longo de todo o día. Pero os concertos e a música non será o único que conforme o programa do Malgosto, xa que tamén se desenvolverá un obradoiro de baile tradicional para calquera que esté interesado ou interesada en participar, un sorteo de rifas no que se poderán gañar productos de proximidade de comerciantes do Ribeiro e máis.

En canto á comida, contarase cunha pulpeira pola mañán, xunto coa barra da organización que contará con bebidas e tamén con comida.

Comezarase cunha primeira sesión vermú cunha picada de música disco-funk e outras propostas do programa, que se alongará ata despois de comer, cando comece a segunda sesión do día máis enfocada na Foliada e o baile. Rematarase cun concerto no local “La Huella del Gato”, ubicado na Praza Maior de Ribadavia, e cunha picada por parte de dous DJ’s que forman parte da organización. Os responsables do peche deste evento son veñen ambos da costa mediterránea: GRIMA, especializada en ritmos tan diversos como a

hardtrance, hardgroove e groove, así como o dancehall e ritmos jamaicanos, sen deixar nunca de explorar novas propostas sonoras, facendo das súas picadas unha auténtica festa grazas a esta mestura de sons e ritmos diversos. Por outro lado, DJ Conde móvese nos ritmos cercanos ao house e o disco e, grazas ao seu don innato para escoller sempre temas sorprendentes e vibrantes, facendo de esta unha selección única.

MÚSICA

  • DJ MARUXA E CORALIA. Estas dúas mulleres súbense aos escenarios das festas galegas cun obxectivo claro, facer que os asistentes (e elas mesmas) se divirtan con sesións de música galega e en galego. As súas propostas musicais van dende ritmos actuais como os de grupos como Baiuca, Tanxugueiras ou Terbutalita, ata pezas de artistas galega recollecidas como Ana Kiro, Andrés do Barro ou Los Tamara, pasando por temas dos ‘80 e ‘90.
  • LES CANES DO POZO. Este é un colectivo artístico experimental asentado no rural galego conformado por Alba Casas, artista multidisciplinar e investigadora, e Adrián Riveiro, músico e artista multidisciplinar. Esta dupla de creativos nace coa ilusión compartida de crear novas realidades e ficcións compartidas a través da recolección de sons e imaxes do pasado. Cortando e batendo esta información nacen imaxes da vida, dos ritos e da xente, imaxes do presente e o pasado que, misturadas, forman novos xeitos de imaxinar posibles futuros.
  • FOLIADA. Neste Malgosto tamén se celebrará unha foliada a cargo de dous grupos:
    • Fuscalla. Feminino de fuscallo (néboa) é un grupo de pandereteiras e canto nacido no IES O Ribeiro no 2023 formado por profesoras e alumnas de distintas nacionalidades. Unha agrupación interxeneracional que se foron axudando unhas a outras ate cobrar relevancia na vida cultural do centro educativo, e que agora buscan trasladar á súa contorna.

Malas Herbas. Os encargados de abrir a Foliada do Malgosto será este grupo conformado por persoas da Comarca do Ribeiro (Francelos e Melón) e O Carballiño (Maside). O “MESTRE”, Gabi Reboredo, xunto ao seu “ALUMNADO AVENTAXADO”, gran mago Magú, Olalla, Quique de Melón, Matilde, Nacho e Reberete serán os encargados de comezar a troula e traer a identidade e o folclore galego á Madalena