O Carballiño baixa dous casos activos para contar con cinco contaxiados

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Segundo a última actualización do Sergas sobre os casos activos por covid na nosa contorna, a comarca do Carballiño suma 9 contaxios. O Concello do Carballiño baixou hoxe dous casos, para contar con 5 contaxios.

O Irixo mantén un so contaxio, na mesma situación ca San Cristovo de Cea. Beariz baixa hoxe un caso activo, para contar cun so contaxiado.

O domingo día 17 no San Amaro: I Mercadillo de Primavera ----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Os demais concellos, Boborás, Punxín, Piñor, Maside e San Amaro están libres de covid.

No Ribeiro, con moi poucos contaxiados, a situación mantense estable. Hoxe é Cenlle o que mais casos rexistra da comarca, mantendo tres contaxios rexistrados a pasada semana. Cortegada, con dous casos onte, baixa hoxe a un so contaxios. Arnoia mantén un contaxio, igual ca Ribadavia.

Todos os concellos, tanto do Carballiño como do Ribeiro, están en nivel medio-baixo o que implica unha maior capacidade de servizo da hostalería cun 50% de aforo interior e un 75% en terraza.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------