Últimos preparativos no auditorio do Castelo para o inicio da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia

Operarios municipais limpando as instalacións do anfoteatro.

Os operarios municipais de Ribadavia están levando a cabo nestes días labores de limpeza e acondicionamento nas instalacións interiores do Castelo con motivo do inicio da Mostra Internacional de Teatro. Este evento dará comezo o próximo venres e ofrecerá actividades e representacións teatrais en dieferentes espazos da vila. Para garantir a seguridade hixiénico-sanitaria, os operarios proceden a limpeza e desinfección dos espazos, nos que tamén se sinalará a ubicación dos asistentes para garantir a distancia social.

O programa completo pode cosultarse da páxina oficial da MIT, no seguinte enderezo: https://mitribadavia.gal/programa/. Deixamos a continuación os horarios da primeira xornada, a da súa inauguración.

AVANTAR ACTIVIDADES

Venres 17

  • 20:00 – Inauguración oficial da MIT 2020. Praza da Madalena.
  • 20:45 – Entrega do Premio de Honra “Roberto Vidal Bolaño” ao mérito nas artes escénicas.
  • 21:00 – Alameda (Ruadavia) – Emigrantas – cia. Kirenia Martínez Acosta – Galicia.
  • 23:00 – Auditorio “Rubén García” do Castelo – Dreaming Juliet – Elefante elegante – Galicia