Espazo Común convoca ós veciños da rúa Ourense a unha reunión o próximo luns

Espazo Común  convoca ós veciños da rúa Ourense o vindeiro luns, día 27, ás 20:00 horas, para achegar toda a información sobre o proxecto, que está en período de exposición pública.

Será nunha xuntanza aberta a todos aqueles que desexen participar e nela, Pachi Vázquez e o seu equipo, desglosarán os detalles da obra prevista que para o seu grupo presenta incontables eivas e incluso dúbidas legais.

AVANTAR ACTIVIDADES

A reunión será nun baixo do número 41 da mesma rúa Ourense e durante a mesma proxectaranse nunha pantalla as diferentes partes do proxecto.