Acordos do Pleno da Deputación: A Deputación destina máis de 1,4 millóns para os programas sociais BenOurense

Pleno ordinario correspondete ó mes de novembro de 2020 que se fai telematicamente polas medidas Covid que a día de hoxe están en vigor. Asisten Manuel Baltar (Presidente Deputación); Rosendo Fernández (VicePresidente 1º); Armando Ojea Bouzo (VicePresidente 2º); Placido Álvarez Dobaño (VicePresidente 3º); Jorge Pumar (Deputado PPOU); Luz Doporto Real (Deputado PPOU); Álvaro José Fernández López (Deputado PPOU); Consuelo Vispo Seara (Deputado PPOU); Patricia Torres Madureira (Deputado PPOU); Cesar Fernández Gil (Deputado PPOU); Pablo Pérez Pérez (Deputado PPOU); Ana María Villarino Pardo (Deputado PPOU); Miguel Antonio Cid Álvarez (Deputado PPOU); Rafael Rodríguez Villarino (Deputado PSOE); José Ignacio Gómez Pérez (Deputado PSOE); Elvira Lama Fernández (Deputado PSOE); Diego Fernández Nogueira (Deputado PSOE); Susana Rodríguez Estévez (Deputado PSOE); Rosario Rodríguez Delgado (Deputado PSOE); Margarita Pérez Fernández (Deputado PSOE); Álvaro Vila Araujo (Deputado PSOE); Aurentino Alonso Araujo (Deputado PSOE); Montserrat Lama Novoa (Deputado CS); Jose Miguel Caride Domínguez (Deputado DO); Bernardo Varela López (Deputado BNG), Mónica Legaspi (Interventora Deputación Ourense) e Juan Marquina (Secretario Deputación Ourense).

O pleno aprobou hoxe as bases dos programas provinciais de Axuda no Fogar Básico, Persoal Técnico, Puntos de atención á primeira infancia e Servizos complementarios, que suporán un pulo na atención social para os concellos de menos de 20.000 habitantes

Publicidade
Pleno ordinario correspondete ó mes de novembro de 2020 que se fai telematicamente polas medidas Covid que a día de hoxe están en vigor. Asisten Manuel Baltar (Presidente Deputación); Rosendo Fernández (VicePresidente 1º); Armando Ojea Bouzo (VicePresidente 2º); Placido Álvarez Dobaño (VicePresidente 3º); Jorge Pumar (Deputado PPOU); Luz Doporto Real (Deputado PPOU); Álvaro José Fernández López (Deputado PPOU); Consuelo Vispo Seara (Deputado PPOU); Patricia Torres Madureira (Deputado PPOU); Cesar Fernández Gil (Deputado PPOU); Pablo Pérez Pérez (Deputado PPOU); Ana María Villarino Pardo (Deputado PPOU); Miguel Antonio Cid Álvarez (Deputado PPOU); Rafael Rodríguez Villarino (Deputado PSOE); José Ignacio Gómez Pérez (Deputado PSOE); Elvira Lama Fernández (Deputado PSOE); Diego Fernández Nogueira (Deputado PSOE); Susana Rodríguez Estévez (Deputado PSOE); Rosario Rodríguez Delgado (Deputado PSOE); Margarita Pérez Fernández (Deputado PSOE); Álvaro Vila Araujo (Deputado PSOE); Aurentino Alonso Araujo (Deputado PSOE); Montserrat Lama Novoa (Deputado CS); Jose Miguel Caride Domínguez (Deputado DO); Bernardo Varela López (Deputado BNG), Mónica Legaspi (Interventora Deputación Ourense) e Juan Marquina (Secretario Deputación Ourense).

Tamén aprobou instar ao Goberno a que adopte solucións para evitar os custes que supoñen para as entidades locais ter depositados os saldos bancarios nas entidades financeiras, e que poidan abrir contas sen comisións no Banco de España para ingresar os seus fondos

O pleno da Deputación de Ourense, na súa sesión ordinaria correspondente ao mes de novembro de 2020, aprobou destinar 1.410.000 euros para o desenvolvemento en 2021 dos programas provinciais de servizos sociais “BenOurense”, unha estratexia coa que a institución provincial da novamente un pulo na atención social para os concellos de menos de 20.000 habitantes. En concreto, o pleno aprobou as bases dos programas provinciais de Servizo de Axuda no Fogar (SAF) Básico (900.489 €), Persoal Técnico (299.511 €), Puntos de atención á primeira infancia (105.000 €) e Servizos complementarios de atención á infancia (105.000 €), todos eles no marco do Programa “BenOurense”.

O Programa BenOurense SAF básico regula a concesión de subvencións en réxime de concorrencia non competitiva destinadas ás entidades locais da provincia de Ourense de menos de 20.000 habitantes, 91 dos 92 concellos da provincia, que presten  o servizo de atención no fogar básico (SAF básico). Inclúense tamén as mancomunidades intermunicipais. Asemade, o Programa BenOurense Persoal Técnico é a cooperación cos concellos e mancomunidades da provincia con menos de 20.000 habitantes para o financiamento de persoal técnico dos equipos municipais de servizos sociais comunitarios con perfís profesionais diferentes e complementarios ao do traballador social.

Por outra banda, O programa BenOurense Infancia – PAI ten como obxecto a concesión de subvencións en réxime de concorrencia non competitiva ás entidades locais para o mantemento dos Puntos de Atención a Primeira Infancia – PAI, centros que se atopan en concellos de menos de 5.000 habitantes e que teñen como finalidade prestar apoio aos pais, nais, titores e gardadores dos nenos entre 3 meses e 3 anos. E o programa programa BenOurense Infancia – Servizos Complementarios de atención á infancia ten como obxectivo a concesión de subvencións en réxime de concorrencia non competitiva destinadas ás corporacións locais de menos de 20.000 habitantes para o mantemento dos “Servizos Complementarios de atención á infancia”.

En materia económica, o pleno aprobou hoxe instar ao Goberno de España a que adopte solucións para evitar os custes que supoñen para as entidades locais ter depositados os saldos bancarios nas entidades financeiras, e que poidan abrir contas sen comisións no Banco de España para ingresar os seus fondos; e neste sentido, remitir este acordo á Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), á Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) e ao Ministerio de Facenda.

A totalidade dos acordos do pleno foros os seguintes:

Cambio de data do pleno de decembro

Acordo:

1º.- Cambiar a data da sesión do Pleno ordinario do mes de decembro (xa que o día 25 de decembro é o día de Nadal), que se realizará o día 18 de decembro de 2020.

2º.- Como consecuencia do anterior, as comisións informativas terán lugar os días 9 (mércores) e 10 (xoves) de decembro de 2020, coa mesma orde que todos os meses.

Recadación San Amaro

Acordo:

Aceptar a delegación de competencias efectuada polo Concello de San Amaro a favor da Deputación Provincial, mediante acordo de 29 de setembro de 2020, para a recadación executiva dos gastos derivados de execucións forzosas dos artigos 99 e 100 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, de Procedemento administrativo común das administracións públicas, nas condicións recollidas no acordo de delegación do Concello de San Amaro.

Estrada Viana do Bolo

Acordo:

1º. Ratificar o convenio de colaboración asinado entre a Deputación Provincial de Ourense, o Concello de Viana do Bolo e a mercantil Endesa Generación S.A., en data 27.12.2019, para a cesión en propiedade da titularidade da estrada San Agustín e da estrada San Agustín-Encoro das Pías por Cepedelo ao concello, polo que discorre cada un dos treitos de estrada indicados, así como a reparación e acondicionamento destas.

Programas BenOurense

Acordo:

Aprobar as bases reguladoras dos programas BenOurense SAF Básico, Persoal Técnico, Infancia Puntos de Atención á primeira infancia e Infancia Servizos Complementarios.

Ciclo da auga

Acordo:

1º.- Aprobar inicialmente o Programa de asistencia ás entidades locais para a xestión dos servizos municipais do ciclo da auga para o exercicio 2021, que ten como obxectivo a regulación das condicións para a prestación ás entidades locais da provincia de Ourense da asistencia técnica, xurídica e administrativa para a xestión dos servizos municipais do ciclo da auga durante o exercicio 2021. Este programa preta asistencia e cooperación aos concellos e demais entidades locais en materia de servizos municipais, tendo en conta as competencias de xestión dos servizos públicos de abastecemento domiciliario de auga potable.

EDAR de San Cibrao

Acordo:

1º. Aprobar a prórroga da vixencia do convenio de colaboración entre a Deputación Provincial de Ourense e o Concello de San Cibrao das Viñas para a xestión e contratación delegada do exercicio do servizo de explotación e mantemento da EDAR de San Cibrao, ata a data 4 de xaneiro de 2023, facéndoo coincidir coa data prevista de finalización do contrato de explotación da citada infraestrutura.

2º. Dar traslado do presente acordo ao Concello de San Cibrao das Viñas, e publicar a formalización da prórroga do convenio, unha vez aprobada por ámbalas dúas partes, no BOP e na sede electrónica da Deputación Provincial de Ourense.

Abastecemento Pereiro de Aguiar e Nogueira de Ramuín

Acordo:

1º.- Aceptar a delegación de competencia na Deputación Provincial de Ourense acordada polos concellos de O Pereiro de Aguiar e Nogueira de Ramuín para solicitar e obter a oportuna concesión demanial do aproveitamento das augas do río Miño para o abastecemento da poboación do municipio de O Pereiro de Aguiar conxuntamente co de Nogueira de Ramuín. Ao abeiro desta delegación, a Deputación solicitará a dita concesión, asumindo ante o organismo de conca os dereitos e obrigas inherentes á condición de concesionario.

2º.- Publicar no BOP esta delegación, para xeral coñecemento.

Dación de conta do Premio Otero Pedrayo 2020

Dación de conta da acta do xurado do premio.

Expediente de modificación de crédito n.º 7/2020

Acordo:

Unha vez visto o informe-proposta de 23 de novembro de 2020, elaborado pola Intervención provincial, relativo á ausencia de especificación na proposta da Presidencia relativa ao expediente de modificación de créditos n.º 7/2020, acórdase emendar a dita proposta, especificando o destino da aplicación orzamentaria 433.00/489.18 “Desenvolvemento empresarial. Outras T.P. Apoio empresarial”, por importe de 200.000 euros, co seguinte detalle: “Gastos de reparación, mantemento e vixilancia dos exercicios 2019 e 2020. Beneficiario: Fundación Galicia Obra Social (A Fundación). Importe: 200.000 euros.

Comisións que aplican as entidades financeiras

Acordo:

1º: Instar ao Goberno da Nación a adopción dunha solución para evitar os importantes custes que supoñen para as entidades locais ter depositados os saldos bancarios en contas das entidades financeiras, tal como a posibilidade de aperturar unha conta sen comisións no Banco de España, na que se poidan ingresar os fondos.

2º: Remitir este acordo á Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), ao Ministerio de Facenda e aos concellos da provincia.

Sanidade pública de Galicia

Acordo:

Instar a Xunta de Galicia a que siga desenvolvendo o Plan Galego de Atención Primaria 2019-2021 e mantendo o seu compromiso coa dotación de medios humanos e materiais á rede de Atención Primaria de Galicia.

Unidade de lactantes e preescolares/escolares no CHUO

Acordo:

1. A Deputación de Ourense insta á Xunta de Galicia a rectificar de forma inmediata a unificación practica das unidades de lactantes e preescolares e escolares e garantir o seu funcionamento separado, en espazos separados e debidamente acondicionados e con persoal suficiente, priorizando o persoal con formación pediátrica.

2. A Deputación de Ourense insta á Xunta de Galicia e ao Sergas a reincorporación inmediata do persoal especializado aos seus postos de traballo nesta area tan sensible e especializada, e namentres que se establezan canles de dialogo coas mesmas que garantan a operatividade do servizo no futuro e os seus dereitos laborais.

Expediente de inhabilitación ao xefe de xinecoloxía do Hospital e Verín

Acordo:

1.- O Pleno da Deputación de Ourense expresa o seu respaldo ao xefe de xinecoloxía do Hospital de Verín, o doutor Castrillo.

2.- A Deputación de Ourense insta á Xunta de Galicia e ao Sergas ao arquivo inmediato do expediente polo que se pretende inhabilitar durante dous anos de exercicio o doutor Castrillo, no suposto de que a causa do expediente fose o seu posicionamento diante do peche temporal do paridoiro do Hospital de Verín.