O BNG do Carballiño cualifica de “caciquil” e “abuso de poder” o uso do Paco Chao para a romaría dos populares

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O BNG do Carballiño vén de denunciar o uso partidista de instalacións públicas municipais para a celebración da “romaría” do Partido Popular. Os espazos públicos do Carballiño non son propiedade de ningunha formación política e deben estar ao servizo da veciñanza, en igualdade de condicións. A formación nacionalista sinala que, nun primeiro momento, o Partido Popular pretendía utilizar o Parque Municipal do Carballiño para a celebración do evento, malia que os informes técnicos desaconsellan esta opción polo impacto que poderían xerar as aglomeracións nun entorno xa de por si degradado; porén non foron estes informes os que fixeron rectificar aos populares, senón a ameza de choiva intensa durante a xornada.

O domingo día 17 no San Amaro: I Mercadillo de Primavera ----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Por tanto e diante da ameza meteorolóxica, “o PP decidiu trasladar de maneira improvisada a celebración ás instalacións do pavillón polideportivo Paco Chao, presuntamente sen contar coa autorización preceptiva, provocando que as escolas deportivas, que empregan decote as instalacións, visen alterada a súa actividade. Actividades que non só se cinguen á xornada do sábado tendo que modificar o lugar de encontros deportivos, senón que na véspera, o venres 8 se suspenderon adestramentos por mor de acondicionar o pavillón para a “romaría” do sábado”, apuntan dende a formación nacionalista.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


Por tanto, o BNG condena este uso privativo por parte do PP considerando especialmente grave este tipo de prácticas nunha vila que xa sofre, de sempre, unha importante carencia de instalacións deportivas. Por iso, entenden que destinar os poucos espazos dispoñibles á celebración dunha romaría partidista supón un prexuízo innecesario para os clubs, deportistas e familias do Carballiño.

O BNG do Carballiño considera indignante esta actuación e reclama que as instalacións municipais sexan xestionadas con responsabilidade, transparencia e respecto cara ás entidades deportivas e á veciñanza en xeral, ao tempo que esiximos que se dean as explicacións necesarias sobre este feito que poderiamos cualificar caciquil e de abuso de poder por parte da formación política que ostenta o goberno a nivel autonómico, provincial e municipal.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------