O Concello de Ribadavia convoca o Concurso de Decoración de Nadal, para vivendas e establecementos.

O Concurso ten como obxectivo incentivar ás veciñas e veciños para a decoración e ornamentación das fachadas, balcóns e xanelas das vivendas, edificios e locais comerciais e establecementos de Ribadavia durante o Nadal. Recórdase que a decoración deberá ser visible desde a rúa.

A decoración expoñerase durante o Nadal (como mínimo desde o 24 ao 6 da xaneiro, ambos inclusive), período no que o tribunal realizará fotografías e valorará os participantes.

AVANTAR ACTIVIDADES

Desde o Concello facemos un chamamento a veciñanza a participar, recordando que a inscrición remata o vindeiro día 23 de decembro.

– Concurso de decoración tanto para casas como para os establecementos comerciais e hostaleiros.

Poderán optar coa decoracións de Balcóns, ventás, fachadas, así como portas e portais, sempre que sexan visibles desde a rúa.

– Valoración do deseño das composicións, a creatividade, así como a decoración de xanelas e balcóns, de portas e portais, e de escaparates e a ambientación de nadal dentro dos establecementos.

– Presentación: Presentarase preferiblemente a través de medios electrónicos, sede electrónica do Concello, dirección de correo electrónico, decoranadal@ribadavia.es , ou na Oficina do Rexistro do Concello ou, en su defecto por calquera de las formas previstas na Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

– A EXHIBICIÓN AO PÚBLICO: Os balcóns e fachadas participantes deberán exhibirse ao público durante un período mínimo comprendido entre o 24 de decembro ao 6 da xaneiro, ambos inclusive.

– PREMIOS

Un primeiro premio dotado de: 100 euros.

Un segundo premio dotado de: 75 euros.

Un terceiro premio dotado de: 50 euros.

3 Accésit dotados de: 25 euros cada un.

Os Premios serán en cheques regalo para trocar no comercio local de Ribadavia.

Toda a información, consulta de bases e inscrición, está dispoñible na web do Concello de Ribadavia: www.ribadavia.gal.