O Pazo de Bentraces convértese no escenario da nova película de Jaime Chávarri coa rodaxe da comedia La manzana de oro

Ás -11.00 horas: Visita do presidente da Deputación á rodaxe da película “La manzana de oro”.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, visita a rodaxe de “La manzana de oro”, filme dirixido por Jaime Chávarri co patrocinio da institución provincial. Estará acompañado, entre outros, do director e actores da película. Lugar: Pazo de Bentraces - rúa do Eiro, 9, Ourense. Intervención aberta aos medios ao final da visita, da que os medios gráficos poderán tomar imaxes e vídeo.

Manuel Baltar visitou ao equipo técnico e artístico que o luns comeza a rodar esta produción, que conta co patrocinio da Deputación. O goberno provincial, afirma, “cre como ningunha outra administración no futuro do sector audiovisual e na súa capacidade para outorgar visibilidade a Ourense”

O presidente da Deputación mantivo un encontro co director, os produtores Mario Real e Xosé Zapata, e o elenco artístico do que forman parte Marta Nieto, Sergi López, Adrián Lastra, a ourensá Elena Seijo e o ribadaviense Abelo Valis.

AVANTAR ACTIVIDADES

Chávarri expresou o seu agradecemento por ter e oportunidade de regresar a Galicia para traballar nun proxecto que, afirmou pola súa banda o produtor Mario Real, ten como punto de partida “o gran apoio do presidente da Deputación á cultura”

Barbadás, 21 de abril de 2022.- O presidente da Deputación, Manuel Baltar, visitou esta mañá o Pazo de Bentraces, no concello de Barbadás, onde o director de cine Jaime Chávarri está a ultimar co seu equipo técnico e artístico o inicio da rodaxe da súa nova película: La manzana de oro, que conta co patrocinio da institución provincial. Unha comedia onde a meirande parte da historia transcorrerá entre os muros desta construción do século XV e que supón o regreso do cineasta á dirección. Na presentación desta película e posterior visita ao Pazo de Bentraces, Manuel Baltar estivo acompañado polo propio Chávarri, os produtores Mario Real e Xosé Zapata, e parte do elenco artístico: Marta Nieto, Sergi López, Adrián Lastra, Elena Seijo e Abelo Valis. 

O presidente da Deputación afirmou que o goberno provincial seguirá receptivo a calquera proxecto que promocione Ourense, “pois cremos como ningunha outra administración no futuro do sector audiovisual e na súa capacidade para outorgar visibilidade a Ourense”. Manuel Baltar enmarcou esta nova rodaxe na estratexia que a Deputación puxo en marcha hai anos “asumindo a organización do Festival de Cine de Ourense, que este ano celebra a súa 27 edición, a aposta por converter a Ourense nun plató para a produción audiovisual, como no lugar no que nos atopamos pero tamén como calquera outro dos concellos da provincia, ou a celebración en 2023 da gala de entrega dos premios Mestre Mateo en Ourense, en alianza coa Academia Galega do Audiovisual”. 

A visibilidade para a provincia, engadiu, “multiplícase coa conexión con Madrid en pouco máis de dúas horas, o que facilita o desprazamento dos equipos técnicos e artísticos”. Un aforro de tempo “que permite tamén coñecer outras bondades de Ourense como o maior potencial termal de Europa ou un territorio irmán con Portugal, co que compartimos a fronteira máis extensa de toda España”. A estas vantaxes sumou Manuel Baltar a implantación “do programa Destino turístico intelixente, do turismo á carta, no que tamén a provincia farase famosa polas localizacións das súas rodaxes”.

O regreso ao cine de Jaime Chávarri

Con La manzana de oro Jaime Chávarri regresa ao cine tras case dúas décadas de ausencia para dirixir unha comedia “onde o humor, que parte máis de situacións, está continuamente presente”, dixo o propio director, agradecido pola oportunidade de volver a Galicia para traballar. Mario Real, produtor desta película xunto con Xosé Zapata, explicou pola súa banda que a elección de Ourense para a rodaxe ten como punto de partida “o gran apoio da Deputación e do seu presidente á cultura”, subliñando tamén as vantaxes loxísticas que achega o AVE “ao estar moi preto en tempo do centro de produción en Madrid”. Agradecemento pola aposta da Deputación cara este tipo de proxectos e “un privilexio e un regalo por traballar con Chávarri” foron, entre tanto, as palabras empregadas polas actrices e actores que integran o reparto e entre os que se atopan a ourensá Elena Seijo e o ribadaviense Abelo Valis, que grava a súa primeira película. O reparto desta película, coral, complétano actores como Roberto Enríquez, Vicky Peña, Joaquín Climent, Paca Gabaldón ou Carla Campra.

Tras a presentación da película aos medios, Manuel Baltar e a parte do equipo artístico e técnico presente en Bentraces pasearon polo exterior do pazo para coñecer algunha das localizacións da película. Estiveron acompañados polos propietarios do pazo, Mar e Guillermo Vázquez Peñamaría. 

6 semanas e media de rodaxe nesta adaptación da novela “Ávidas pretensiones”, de Fernando Aramburu

La manzana de oro, cuxa rodaxe comeza o luns e prolongarase durante seis semanas e media no Pazo de Bentraces e outras localizacións próximas da provincia, está baseada na novela “Ávidas pretensiones”, de Fernando Aramburu, Premio Biblioteca Breve que anualmente concede a editorial Seix Barral. O guión é do propio Chávarri e de Jose Ángel Esteban.

Narra a historia dun invitado inesperado que desestabiliza as xornadas poéticas que cada ano reúne nun illado convento do noroeste peninsular a distintas tendencias da poesía española. Mentres os poetas escriben e recitan na procura dun premio dourado, unha sospeita de plaxio, a loita por participar nunha futura antoloxía, a irreverencia dun rapeiro, o aniversario dun poeta centenario e outras situacións máis acabarán por rematar nunha noite de treboada, logo do triunfo inesperado dunha nova estrela feminina da poesía contemporánea.