Castrelo de Miño apura este luns a súa última xornada de degustación da anguía

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A parroquia de Barral, no concello de Castrelo de Miño, inaugurou onte domingo e continúa hoxe luns coa súa festa na honra da Virxe das Neves. Os asistentes estanse deleitando cunha nova edición da Festa da Anguía, que alcanza xa o número 29, na que poden degustar este exquisito peixe.

A inauguración da Festa da Anguía foi onte co acompañamento da banda de música Sorcha. A xente, aproveitando a xornada dominical, achegouse facendo cola dende as 20:00 horas para poder desfrutar deste produto típico nunha paraxe incomparable como é a beira do embalse. O alcalde destacou o traballo feito durante todo o ano da asociación que está a cargo, e tamén con mensaxe especial para un dos seus fundadores, que xa non está.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Hoxe comezou o día cun desfile dirixido pola Banda Musical da Limia, misa solemne con procesión. Pola noite a gran festa correrá a cargo da orquestra La Formula e da discoteca móbil. E tamén, degustación de anguía para pechar unha nova edición de éxito, apoiada pola xente e que marida cos viños do Ribeiro.