O grupo popular propón ao concello que leve a cabo as xestións necesarias para que o I.E.S. Nº 1 do Carballiño leve o nome de dona María Teresa Miras Portugal.

O grupo municipal do Partido Popular no Carballiño ven de presentar ante o Rexistro do Concello do Carballiño unha iniciativa para que o I.E.S. nº 1 do Carballiño pase a denominarse “I.E.S. María Teresa Miras Portugal”

O pasado 27 de maio faleceu unha das nosas veciñas máis ilustres, Dona María Teresa Miras Portugal, cuxos méritos no eido científico son coñecidos para toda a veciñanza. Compre agora subliñar, unicamente, que sendo a primeira muller electa para presidir unha Real Academia na historia do noso país, a de Farmacia, conservou sempre a súa relación coa nosa vila.

AVANTAR ACTIVIDADES

Dona María Teresa Miras reúne méritos máis que sobrados para obter o recoñecemento da veciñanza que a viu nacer e que presume de contala entre eles, e por iso non vamos agora a enumeralos.

Si queremos destacar que a figura de Dona María Teresa Miras debe servir de exemplo a futuras xeracións de carballiñeses, e especialmente as mulleres e a todos aqueles que desexen dedicarse o campo científico.

Por elo consideramos axeitado que dende o Concello se promova que o I.E.S. nº 1 do Carballiño leve o nome de tan destacada veciña, e que para acadar este obxectivo se leven a cabo todas as xestións que sexan precisas, propoñendo o cambio de denominación ao Consello escolar de este Centro.

Cremos que esta iniciativa contará co apoio tanto da veciñanza como do Consello Escolar e que ademais servirá para poñer en valor unha figura senlleira da nosa vila, como modelo para a seguir pola xuventude actual e futura do Carballiño.  

Por isto, o grupo municipal do Partido Popular no Carballiño, solicita ao Concello que se fagan as xestións precisas para que o I.E.S. nº 1 do Carballiño leve o nome de Dona MARÍA TERESA MIRAS PORTUGAL, propoñendo este cambio de denominación ao Consello Escolar do Centro e informando a veciñanza e as asociacións relacionadas coa cultura na nosa vila para que se poidan adherir a esta iniciativa.

Escrito dirixido ao Concello ( Premer na Imaxe )