O brote en Quercus remite case na totalidade e chegan xa as primeiras vacinas

IES CHAMOSO LAMAS

Hoxe comezou a vacinación fronte a covid na residencia de maiores Quercus de Leiro. Recordamos que no último mes, a residencia fixo fronte a un brote que afectou a case todos os residentes e a parte dos traballador@s. A pasada semana comezaron as boas novas, cun descenso de casos moi evidente. A día de hoxe, so faltan catro residentes por dar negativo en PCR, unha proba que se lles realizará mañá e que obterán o resultado o próximo xoves, esperando contar con todos os residentes libres de covid.

Mentres tanto, os que xa pasaron a enfermidade recibiron hoxe a primeira dose da vacina.

HIPER MASIDE