A sentenza coñecida na mañá de hoxe corrobora o que o BNG veu defendendo ao longo de toda a tramitación do expediente,”furtáronse dereitos aos Grupos da oposición e á veciñanza”
Tras coñecerse hoxe a sentenza do xulgado do Contencioso – Administrativo número 2 de Ourense a respeito do recurso interposto no seu día trala aprobación da modificación de crédito por importe de 62 millóns de euros levada a cabo polo Goberno PP – DO, o Grupo Municipal do BNG no Concello de Ourense expresa a súa satisfacción “por unha sentenza que confirma os argumentos que desde o principio defendeu o BNG”.
O portavoz do BNG no Concello de Ourense lembra que a sentenza “recolle os argumentos esgrimidos tanto no debate en pleno como no recurso plantexado ante o propio concello, do que por certo, aínda non hai resposta”.
Para o portavoz nacionalista Luis Seara está claro que esta sentenza confirma “que estamos diante dun goberno de trileiros, que vulnera a legalidade a sabendas e que pretende limitar e furtar competencias ao pleno e aos lexítimos representantes da veciñaza.”