A Xunta denegou a Recursos Minerais de Galicia S.A. a concesión da explotación para o proxecto de investigación Alberta I, que se desenvolvería en terreos de Beariz, Avión e varios puntos de Pontevedra. O permiso de investigación era para os minerais de estaño, volframio, tántalo, niobio e litio e a solicitude desta explotación data xa do ano 2018.

O proxecto contemplaba a construción dunha mina que ocuparía 12 quilómetros

Contra este proxecto creouse unha plataforma e colectivos ecoloxistas. Ademais, os veciños amosaban a súa preocupación polas consecuencias que traería para as súas vidas e para as súas explotacións agrícolas.

Dende o BNG de Ourense tamén amosaron as súas inquedanzas, xa coñecedores dese informe negativo da Confederación Hidrográfica Miño Sil. No Carballiño levaron unha moción ó pleno neste sentido.