Rosario Baleirón presentou o seu libro “Mamá vive en min” no Carballiño

“Mamá vive en min” é o novo libro de Rosario Baleirón, e foi presentado onte no Carballiño, no exterior da librería OzocoGz, acompañado ademais por música.

Trátase dunha obra para nenos, pero tamén para adultos, para ler en compañía, onde diversión e emocións van da man. Martiño é o seu protagonista, e a súa autora anima a que o acompañemos ante unha situación difícil para a súa curta idade, como é perder a unha nai por cancro de mama.

AVANTAR ACTIVIDADES

Esta é a súa primeira obra con vocación literaria, aínda que sí ten máis experiencia en publicación de carácter educativo e didáctico, onde ten unha maior experiencia profesional.

Estefanía Padullés é a ilustradora desta obra, unha parte moi importante dos libros infantís, e estivo tamén presente nesta presentación, e tamén nos falou un pouco do traballo feito.