A Cofradía Veracruz adquire unha nova imaxe de San Juan Apóstol

IES CHAMOSO LAMAS

Onte domingo, tiña lugar a Bendición de San Juan Apóstol, a nova imaxe adquirida pola Cofradía da Veracruz e feita polo escultor Manuel Madroñal Isorna. Esta imaxe está feita en madeira de cedro real policromada ó óleo, e a tamaño natural. Este acto, no que o párroco do San Cibrao, Don Jorge Juan Pérez, deu a súa bendición, foi o primeiro que abre a programación desta Semana Santa. A recepción da nova imaxe estivo acompañada pola Banda Nosa Señora do Nordés de Ferrol, a cal realizou un pasarrúas previo.